26 junio 2017

La mirada de Arissa

Hoy recordé las fotografías de Antoni Arissa (Barcelona, 1900 - 1980que ví hace un par de años en el CGAI.







01 junio 2017

Foto de boda de los padres


La foto de boda de los padres, Swampscott, Massachusetts. 1985. Nan goldin.

19 mayo 2017

Comienza la segunda edición de Arco Lisboa

Tal vez el entusiasmo que se respira estos días en la segunda edición lisboeta de Arco, feria madrileña de arte contemporáneo, tenga que ver con el triunfo de Salvador Sobral en Eurovisión. O puede que sea la Eurocopa ganada a pulso el año pasado. O la reciente visita del Papa a Fátima. Sea como sea, la ciudad se ha volcado con la embajada artística española, que ha desembarcado en la Cordoaria Nacional, vieja fábrica de suministros navales, donde desde hoy y hasta el domingo se dan cita 58 galerías de 13 países para atraer coleccionistas de todo el mundo y nuevos públicos. 

15 mayo 2017

Dicen


El arte no reproduce lo visible, sino que lo hace visible. Paul Klee

11 mayo 2017

¿Dónde comprar arte 'low cost' en Internet?

Decorar una casa de forma original y con arte de calidad ya no es un lujo. Comprar una lámina artística por 30 euros o una pintura de un artista novel por 100 euros está al alcance de cualquiera gracias a Internet. El comercio online ha puesto a disposición de coleccionistas las obras de artistas de talla mundial como Botero o Damien Herst, del mismo modo que talentos emergentes y miles de creadores anónimos venden obras a precios “low cost”.
Más en elpais.com

09 mayo 2017

Comienza la 57ª Bienal de Venecia

Los actores principales de la familia internacional del arte contemporáneo (galeristas, críticos, directores de museos, coleccionistas y comisarios y demás gurús) comienzan a llegar a Venecia para asistir a la la Bienal, cuya 57ª edición abre sus puertas al público el sábado y hasta el 26 de noviembre. 

Toda la información en labiennale.org

08 mayo 2017

ARCOlisboa, capital del arte contemporáneo

El mundo del arte contemporáneo vuelve a mirar a Lisboa con la celebración de la segunda edición de ARCOlisboa que, organizada por IFEMA, tendrá lugar del 18 al 21 de mayo en la Fábrica Nacional da Cordoaria. Con la calidad de los contenidos como principal objetivo y la apuesta por proyectos de nivel de las 58 galerías participantes, de 13 países, ARCOlisboa 2017 volverá a convertirse en el gran evento artístico y social de la capital lusa, sumando a los atractivos de la Feria una importante programación artística y cultural en la ciudad, que atraerá el interés de coleccionistas internacionales, reconocidos profesionales y público en general.

Más en revistadearte.com

17 febrero 2017

No pasamento de Tim Beherns

Cando estudaba Maquinas Navais en A Coruña adoitaba pasar algunhas tardes pola Biblioteca do Forum Metropolitano, cando cadraba ter que devolver algún libro. Era unha biblioteca con demasiado boureo para o estudo: moitos vellos comentando esquelas, moita xente nova emprestando libros de Irvine Welsh e cds de Lenny Kravitz e unha mestura entrañable de nenos, opositores e ionquis agardando fronte ós dous ordenadores para se conectar 15 minutos máximo a Yahoo. As derradeiras pinceladas do século XX de calquera barrio galego.
Algunha daquelas tardes cruzaba no Forum cun vello que non era coma os demais vellos. Solitario, alto, con ollos claros, cabelo cano e algunha mecha rubia dispersa. Un guiri. Ás veces vestía americanas de cores, con aspecto desaliñado e pinta de bebedor ben. E no ollo dereito, un parche pirata. Un cadro.
Co tempo as circustancias leváronme a escribir as biografías dos autores das obras da colección de arte Fundación María José Jove, onde había un par de cadros dun tal Tim Behrens. Aqueles lenzos non casaban coas aspiracións que xa daquela manexaban na Fundación, probablemente foran adquisicións persoais do magnate nun primeiro momento de coqueteo coa arte, mais o certo era que cada noite Estudio de pintor e Recuerdo de Portugal durmían baixo o mesmo teito que Kandinskis, Picassos e Bourgeois nunha nave do Polígono de Agrela.
Alí coñecín a Tim Behrens unha mañá. Era un home de trato amable, acento Michael Robinson i expresión acorde á súa imaxe atribulada, a dun artista londinense bohemio de boa famlia que pasou os últimos 30 anos da súa vida en Galicia, ó seu, logo duns cantos anos de tumbos polo mundo. Un Man de Camelle urbano, se cadra.
Estudou na Slade School de Londres, que non é pouco. Alí coñeceu a Lucian Freud, para quen posou e den quen foi  bo amigo. Tamén de Bacon e Aurbach. Aínda que facendo paisanaxe, Behrens estivo no mundiño artístico da súa época, que é case coma dicir o mundiño artístico do século XX.
A finais dos 60 marchou a Italia e comezou a escribir poesía, chegou a publicar poemarios en Galicia, admiraba a Rosalía. Seguiu pintando até o final con certo recoñecemento i expoñendo aquí e alá. Chegou a Galicia por recomendación do maiordomo que traballaba para os seus país, que era de Ourense. Vivía en Culleredo coa sua muller, tamen artista i ex moza do baixista de The Clash. Pintaba paisaxes e cans, os seus. Paraba bastante polo Calypso.
Sobre a súa pintura daquela escribín que “a pintura figurativa británica do último terzo do século XX se por algo caracterízase e pola pluralidade estilística, mais quedan rasgos que a fan diferente a outras aproximacións figurativas. Behernes é partícipe desas sinais comúns con plantexamentos plásticos que exclúen o narrativo e o explicativo, con tendencia ó expresionismo e unha certa aposta por valores tradicionais da pintura en canto ó uso preferente do óleo en pinturas de cabalete, o que, malia que poida sorprender, leva aparelladas unhas cualidades expresivas de maior énfase e liberdade, coma a linguaxe plástica de Behrens.”
Non sei se o chegaría a ler, espero que non porquemadremía. Descanse en paz Tim Behrens.

12 febrero 2016

Cinco preguntas a Rosendo Cid

image

Rosendo Cid naceu en Ourense no 74, ano no que caeran 300 millóns do primeiro premio do Gordo no Bar Compostelano de Vigo e no que Enrique Rodríguez Baixeras vía como a ditadura censuráballe a curta O dumento porque segundo lle explicaron na comisaria “usted lo que tiene que hacer son películas en castellano, que es el idioma de la patria".  Licenciado en Belas Artes en Pontevedra, ven sendo fillo de Xosé Cid, escultor galego autodidacta. Rosendo é o que se ven chamando un artista multidisciplinar, fai fotografía, escultura, debuxo e collage. Quen esto escribe queda cos collages de Rosendo Cid porque moito lle lembran ós do admirado John Stezaker, pero se cadra mellor.
1. Nun do proxecto proxecto 365 maneiras de estar no mundo preguntas  “Por qué todos os artistas tenhen ese aspecto inevitablemente de náufragos?” 
E logo por qué?
A verdade é que non é a primeira vez que me preguntan por esta en concreto. Como teño dito noutras ocasións a arte e a súa práctica en si é unha viaxe con moitos naufraxios, con moitos erros no camiño que impón un devir de náufragos case por natureza. Outra interpretación pode asumirse desde a época que nos toca, na que os artista máis que vivir, sobrevivimos, nunhas condicións un tanto precarias por esta actualidade aplastante na que ademáis, a importancia ou o papel da arte na sociedade semella que vai cara atrás.
2. Tamén na serie de collage A Arte di cousas sen explicar nada dis que a arte está chea de soliloquios. É eso un soliloquio, postureo escéptico ou está verdadeiramente chea?
O soliloquio non debe entenderse coma un solipsismo. Cada un de nós, desde o noso lugar, desde o noso traballo, interpretamos e operamos cunhas conviccións determinadas, cunhas maneiras de ver o mundo, moitas delas moi personais. Outra interpretación, por suposto é aquela que se especifica como o de replegarse nun mesmo, cousa que como en calquera outro ámbito sucede e que quizáis non aporta outra cousa que ruido.
3. Dis tamén que hai determinados collage nos que, ás veces, non semella poder acharse ningunha posibilidade de encontro entre dúas imaxes, por máis que insistamos. Unha persiste sobre a outra, ou ámbalas dúas quedan anuladas. Galicia?
A auga co aceite non mistura, como tantas cousas. O que me dices non sei se pode trasladarse a Galicia nin tampoco sei a qué te refires concretamente, pero o que si é certo é que existen posturas que casan moi dificilmente entre si, e nestes casos, os que sexan, hai que atopar sen máis, puntos en común.
4. Que farias coa Cidade da Cultura?
Xa é ésta unha pregunta recurrente. Ás veces poño un exemplo moi burdo de que si eu levo unha chaqueta dez tallas máis grande, vou andar bastante incómodo e non lle vou sacar moito proveito. Dalgunha maneira a Cidade da Cultura nunca a vin acorde as nosas necesidades, sexa neste momento de crise ou noutro, nesto non fago distinción. Pero independentemente disto, xa digo, que desde o principio xa desconfiaba dun proxecto destas características, como calquera proposta debe respostar a unhos criterios moi claros e moi definidos, sobre todo a longo prazo, para que sexa sostible en todos os aspectos. E de momento a percepción, nun alto porcentaxe, non resulta moi positiva, de feito xa non me farías a pregunta desta maneira. Realmente é un tema que habería que profundizar de verdade, pois se está convertendo, senón o é xa, nun tópico negativo que non favorece absolutamente en nada.
5. Dous lugares de Galicia.
Galicia e Galicia.

06 mayo 2014

Juan Muñoz

Documental sobre Juan Muñoz articulado alrededor de una entrevista inédita al artista en el CGAC en 1996.